En Abella Creativa levamos durante anos traballando en múltiples eventos: congresos, feiras, festivales, galas, simposios, catas, degustacións, estreas, proxeccións, ciclos…
Como organizamos un evento
A chave do éxito está en realizar un seguimento exhaustivo e constante, establecendo un método de traballo que sirva para trazar as liñas a seguir, establecendo as tarefas e funcións principais para cada un dos membros do equipo.
Seguimos unha serie de pasos para organizar un evento:
- Investigación e planificación de necesidades
- Orzamento, plan de produción e cronograma
- Contratación de servizos de proveedores e artistas
- Plan de marketing e comunicación
- Organización de equipos e tarefas
- Avaliación e seguimento de resultados