O Antroido de Matamá celébrase nunha aldea ourensá do Concello de Laza. Unha celebración ancestral que se recupera pola unión e forza de veciños e amigos.
Entroido popular organizado por veciños e veciñas
A Organización do Evento corre a cargo da unión entre os veciños da aldea de Matamá, situada no concello de Laza. Un entroido no que os peliqueiros son os abandeirados, acompañados pola morena e as formigas, surtidos de bica branca e xastré (licor de herbas da zona).
Cinco días de veneración á festa pagana máis antiga do mundo
A celebración dura cinco días nos que varios eventos teñen lugar nesta pequena aldea:
– Xoves de comadres
– Venres de folión
– Sábado de Entroido
– Domingo de estrea (o peliqueiro sae por primeira vez de traxe)
– Luns das formigas e a morena
– Martes: Fin do entroido e Lectura do Testamento do burro
Funcións de Abella Creativa
– Deseño do cartaz do evento e impresión da publicidade.
– Xestión do merchandising derivado do evento.
– Apoio nas labores de Organización do evento.
– Promoción a través das redes sociais.