Seleccionar página

Ficcionate 2017

Ficciónate é unha iniciativa desenvolvida por Abella Creativa. A idea xurdiu da necesidade de crear un espazo no cal as curtametraxes tiveran cabida, alén dos certames, festivais e circuitos habituais de cinema, provistos para albergar este tipo de obras. As obras de cinema de curta duración tamén tiñan que chegar ó gran público. Desde a creación de Fálame do silencio, xuntánse 4 obras para levar a cabo o ciclo. Catro curtametraxes de ficción que viron a luz durante os últimos dous anos e que unen forzas para pescudar novas vías de exhibición e colaboración conxunta para facer chegar estas obras de pequeno formato ao gran público.

Nova edición 2017: 4 novos filmes para facer xira

No seguinte link poderedes ver toda a información referente a Ficciónate 2017: os filmes seleccionados para a xira.. Clica aquí

 

OS FILMES SELECCIONADOS: FICCIÓNATE 2017

Illa Pedra

Adriana Páramo. London Film School, 2010.

Sinopse: Cando Antía deixa a súa terra a súa mellor amiga Iria séntese traizoada. Anos despois Antía volve de visita e cando se reencontra con Iria as dúas séntense iguais, pero diferentes. Antía trata de afrontar a súa morriña e Iria aínda non sabe como perdoala. Unha tarde as dúas fan fronte aos seus sentimentos a través da poesía que aínda as une.

Curricán

Álvaro Gago. London Film School, 2014.

Sinopse: A ollada de Xoán Curricán guíanos polas rúas da Vilanova de Arousa, unha vila chea de grandes cadros e interminables epifanías.

Einstein-Rosen

Olga Osorio. Miss Movies, 2016.

Sinopse: Verán do 82. Teo asegura que atopou un buraco de verme. O seu irmán Óscar non lle cre. Polo menos non de momento.

Superpunky, el Musical

Pablo Cacheda. Volvemos a Primera. 2016

Sinopse: Belén e Rebeca son íntimas desde pequenas. Ambas comparten os mesmos gustos musicais, pero cando van á universidade os seus gustos musicais sepáranse e comezan a aparecer os conflitos. Entre estes conflitos aparecerá Quique, un antigo, neno prodixio e actual cantautor maldito. Un concerto de Quique, varios anos despois de separarse do seu grupo, servirá de eixo da historia.

XIRA FICCIÓNATE (2016)

ficcionate 2016

A ILLA DE AROUSA, 12 de marzo

NEGREIRA, 27 de maio

PONTEVEDRA, 9 de xuño

SARRIA, 10 de xuño

FERROL, 27 de xullo de 2016

BURELA, 14 de outubro de 2016

SANTA COMBA, 15 de outubro de 2016

A CORUÑA, 3 de decembro de 2016

SAN SADURNIÑO, 30 de decembro de 2016

PRIMEIRO CICLO. AS CATRO OBRAS

Rancor

Curtametraxe en galego que a modo de “road-movie” desvélanos momentos clave na vida de Teo, dende a súa infancia ata o día de hoxe pasando por unha dura adolescencia. Rancor é unha historia da vida. Fálanos do medo e a soidade, os logros, o abandono, a tristura, o “amor». Ambientado en Galicia e no marco rural dos anos 80 ata a actualidade.

El Comediante

El Comediante é a historia de Óscar, un rapaz que intenta traballar no mundo do humor facendo monólogos e atopa nas pantasmas do pasado, unha fonte de inspiración, ademais de vivir diferentes aventuras e desventuras que o axudan a construir o seu texto.

Fálame do silencio

Unha reflexión sobre unha situación xeracional, da preocupación de “non ver saída”, da frustración de buscar unha estabilidade e non saber ou non poder conseguila.

Unary

Trata sobre o primeiro día de liberdade de Lucas. Despois de 21 anos en prisión, Lucas enfróntase a un mundo que non coñece, a unha nova vida. Lucas está marcado por unhas rutinas, uns horarios, unha contorna e uns pensamentos que non poderá manter fóra de prisión.