Seleccionar página

V Gala Contra O Cancro de Ourense

A Gala contra o Cancro de Ourense levase organizando dende 2013. É unha iniciativa da Asociación Cultural Xuvenil As Canellas a favor da Asociación Española contra o Cancro e tamén contou coa colaboración e apoio da empresa Claqueta Coqueta e dende un inicio, co traballo de Andrés Rozados na produción do evento (Abella Creativa).

Unha iniciativa solidaria que reúne a artistas de primeiro nivel

Máis de 20.000 euros recadados a favor da causa durante as catro primeiras edicións, nas que se encheu o Auditorio Municipal de Ourense, e polas que pasaron artistas como Susana Seivane, Lucía Pérez, Emilio Rúa, Daniel Minimalia, Luis Emilio Batallán, Rosa Cedrón, Xosé Manuel Budiño, Pepo Suevos, Guadi Galego, Lys Pardo e Monoulious DOP entre outros.

 

V Gala contra o Cancro de Ourense

O sábado 2 de decembro de 2017 terá lugar a V edición da Gala Contra o Cancro de Ourense.

O evento celebrarase un ano máis no Auditorio Municipal de Ourense ás 20.30h e contará por quinto ano consecutivo con Rubén Riós como presentador, acompañado por Xacobe Bruña.

O cartel desta edición está conformado pola música de O Sonoro Maxín, Miguel Arias e Xestreu, o baile de Coppelia e Moovett e a maxia do Mago Marco.

As entradas xa están disponibles á venda e múltiples puntos da cidade das Burgas. O evento leva recadados máis de 20.000 euros nas catro edicións anteriores e este ano, agarda seguir subindo o volume de participación.

Funcións de Abella Creativa

  • Organización e preprodución do evento.
  • Deseño de materiais promocionais a partir do cartel
  • Xestión e coordinación da comunicación de prensa
  • Rexiduría e coordinación dos medios técnicos no evento