Seleccionar página

Vizcaíno presenta o seu novo disco Diáspora dentro do ciclo Lugo Ágora Son na cidade da Muralla.

Este venres 26 ás 21.00h na Praza do Campo Castelo, Xabier Vizcaíno amenizará este soleado mes de maio nun concerto ao ar libre no centro da cidade de Lugo.

Acompañado polos seus colaboradores habituais, o artista do Incio cantará cancións do seu primeiro álbume «Alas de papel» e presentará novos temas do seu último disco «Diáspora».

Unha ocasión máxica para disfrutar do sol, dos aires lucenses, das súas boas tapas e da maxia deste intrépido músico.

O ciclo Lugo Ágora ten un cartelazo de nivel: Carta de ajuste, Vizcaíno, Los Alcántara e Mercedes Peón.

Vizcaino xira diáspora lugo