Seleccionar página

Monoulious DOP e Manuel Manquiña, este sábado 29 de abril ás 19.30h no Pavillón de Miraflores de Muros

A asociación Praia do Castelao, encargada da organización do Castelo Rock, ten en marcha a maquinaria dunha nova edición do festival, programado para os días 4 e 5 de agosto. Está, por unha banda, pechando o cartel de bandas e, por outra, recadando fondos. Nesta última liña de actuación enmárcase o monólogo que Manuel Manquiña, coñecido actor que saltou á fama polos seus papeis en Airbag e Torrente, ofrecerá este sábado. A velada completarase cun concerto acústico a cargo do grupo Monoulious DOP.