Seleccionar página

O mítico Bodegón Os Concheiros abre as súas portas nunha nova ubicación

  • Este venres 17 ás 20.00h, o novo Bodegón Os Concheiros abre as súas portas na súa nova ubicación.
  • O novo emprazamento do Restaurante estará na Rúa Berlín, número 3
  • Moi próximo á anterior ubicación, o bodegón ofrece unha ampla oferta na súa carta, destacando o polbo como produto estrela.

Máis de tres décadas de traxectoria na entrada ó casco histórico compostelán polo Camiño de Santiago, avalan o Bodegón Os Concheiros. Miles de santiagueses, turistas e peregrinos puideron disfrutar nestes máis de 30 anos de servizo, destacando o polbo como produto estrela.

O restaurante abre as súas portas nun novo establecemento a escasos metros da ubicación orixinal, coa mesma filosofía, servizo e oferta gastronómica. Este venres 17 de marzo ás 20.00h, o equipo do restaurante convida a todos os interesados a gran inauguración, convidando a tapas, viño, e a partir deste mesmo sábado, xa disponible, as racións de polbo.

carta bodegón os concheiros pulpería

Carta do Novo Bodegón Os Concheiros Pulpería