- O xoves 22 de decembro no Café Cultural Auriense de Ourense, Rubén Riós presenta este novo espectáculo ás 21.00h
- Tras presentar este novo formato en Melide, Allariz e Compostela, Riós chega á cidade da Auria para encher de humor a capital galega.
- Tras máis de dez anos de carreira profesional diante e detrás das cámaras, o artista ourensán presenta unha nova e rompedora proposta teatral en formato monólogo.
Ourense, 17 de decembro de 2016. Hai uns anos, nunha pequena aldea do surleste de Galicia chamada Riós, nacía Rubén. Un rapaz que se criou nun ultramarinos e que soñaba de moi cativo con ser un titiriteiro. Anos máis tarde e tras ser protagonistas de filmes como Vilamor e Pradolongo e actuar en series de renome como Libro de familia, Matalobos, Piratas ou Urxencia Cero; Rubén Riós presenta un novo espectáculo no que o público asistente coñecerá de primeira man, as andanzas desde rapaz de aldea.
O xoves 22 de decembro ás 21.00h no Café Cultural Auriense de Ourense, cidade onde Riós viviu e gravou gran parte das obras audiovisuais como Vida e Máis Ca Vida, recentemente estreadas, Rubén Riós presenta “Memorias dun neno… perdido”. Unha retrospectiva a todas as lembranzas dun rapaz que dende Riós, viaxou por toda Galicia coñecendo as súas xentes e singularidades e tamén tivo numerosas experiencias en países de todo o mundo, puidendo coñecer as diferenzas e peculiaridades de cada zona. “Levo anos preparando este espectáculo e querendo compartir con toda a xente as andanzas que me levaron a vivir tantas e tan dispares experiencias e acabar sendo un neno perdido que sempre acaba atopando o seu rumbo”, comenta Riós.
Trala fantástica acollida na Sala Moon de Santiago de Compostela o xoves 15, Rubén Riós ten previsto novas localidades e espazos onde presentar o seu espectáculo, onde proseguirá predicando as súas memorias e perdéndose por diferentes lares por Galicia.
As entradas para a súa actuación en Ourense xa están á venda no Café Cultural Auriense (Praza do Correxedor, 11) a 3 € (anticipada) e 4 € en billeteira.
Este espectáculo é unha produción de Claqueta Coqueta, co apoio da Rede Galega de Música ó vivo de Agadic, o patrocinio de Castañam, Colegio Padre Feijoo-Zorelle, Bateamar e coa axencia de booking Abella Creativa.