Seleccionar página

Curso de formación: produción de curtametraxes en Santa Comba

A raíz do ciclo Ficciónate en Santa Comba, o Grupo Informal Xalleiros polo Audiovisual contactou con Abella Creativa para a impartición de dous cursos de formación de produción audiovisual, orientados a rapaces de 4º da ESO do IES Terra do Xallas en Santa Comba. O obxectivo é o de amosarlles un primeiro achegamento ó mundo da rodaxe audiovisual, coñecendo o proceso de creación dunha obra dende a elaboración dun guión, a preparación para a gravación, a rodaxe e a edición e montaxe dun proxecto audiovisual.

Os docentes desta formación serán:

GUIÓN

  • Lois Blanco Araúxo- director, guionista e dramaturgo.
  • Óscar Cruz- director e guionista.

PRODUCIÓN

  • Andrés Rozados- produtor, comunicador e promotor de eventos.

REALIZACIÓN E POSTPRODUCIÓN

  • Jorge Boquete- director, produtor e montador.

Difusión audiovisual: como promocionar e distribuir as obras audiovisuais

A súa vez, tras realizar a súa propia curtametraxe, os alumnos recibirán un obradoiro de difusión audiovisual no que coñecerán as diferentes plataformas de comunicación que empregar, as canles de distribución oportunas, cales son as novas tendencias do mercado audiovisual, etc.