Seleccionar página

  • cinema de verán ficciónate illa pedra
    Illa Pedra, de Adriana Páramo
  • Curricán, de Álvaro Gago CINEMA DE VERÁN
    Curricán, de Álvaro Gago
  • Einstein-Rosen, de Olga Osorio cinema galego ficciónate
    Einstein-Rosen, de Olga Osorio
  • Superpunky El Musical curtametraxe galega
    Superpunky, El Musical de Pablo Cacheda

Preto de 30 obras de curta duración foron presentadas a Ficciónate 2017

Nesta segunda edición de Ficciónate, a primeira na que se abriu convocatoria de recepción de obras, foron un total de 29 as obras presentadas para a selección oficial de 4 filmes. Houbo inmensa variedade de xéneros e temáticas: humor, drama, comedia, documental, históricas, terror, acción e animación. Directores noveis e cineastas experimentados así como recoñecidas caras na interpretación dentro do panorama audiovisual galego e nacional.

O Xurado determinou que as 4 obras seleccionadas para 2017 sexan:

Illa Pedra

Adriana Páramo. London Film School, 2010.

Sinopse: Cando Antía deixa a súa terra a súa mellor amiga Iria séntese traizoada. Anos despois Antía volve de visita e cando se reencontra con Iria as dúas séntense iguais, pero diferentes. Antía trata de afrontar a súa morriña e Iria aínda non sabe como perdoala. Unha tarde as dúas fan fronte aos seus sentimentos a través da poesía que aínda as une.

Curricán

Álvaro Gago. London Film School, 2014.

Sinopse: A ollada de Xoán Curricán guíanos polas rúas da Vilanova de Arousa, unha vila chea de grandes cadros e interminables epifanías.

Einstein-Rosen

Olga Osorio. Miss Movies, 2016.

Sinopse: Verán do 82. Teo asegura que atopou un buraco de verme. O seu irmán Óscar non lle cre. Polo menos non de momento.

Superpunky, el Musical

Pablo Cacheda. Volvemos a Primera. 2016

Sinopse: Belén e Rebeca son íntimas desde pequenas. Ambas comparten os mesmos gustos musicais, pero cando van á universidade os seus gustos musicais sepáranse e comezan a aparecer os conflitos. Entre estes conflitos aparecerá Quique, un antigo, neno prodixio e actual cantautor maldito. Un concerto de Quique, varios anos despois de separarse do seu grupo, servirá de eixo da historia.

Gran calidade das obras presentadas e difícil levar a cabo a selección

O Xurado quere destacar a dificultade de escolla dos 4 filmes finalistas, dada a calidade audiovisual (a nivel fotografía, artística, de realización e interpretación) dos filmes presentados.

Agradecemento a todos os participantes da Organización

Queremos agradecer a todos os creadores e produtores que nos remitiron as súas obras para optar a formar parte do ciclo. Moita forza e seguiremos traballando para esta e vindeiras edición

Trailer Einstein-Rosen

Trailer Curricán