Seleccionar página

Un ano exitoso o de Feminazi que dende a súa estrea en Pontevedra o pasado 5 de maio, pasou por múltiples cidades como Vilagarcía de Arousa, Xixón, Santiago de Compostela, Lalín e Ourense, neste último recibindo o Premio do Público do Festival Internacional de Cine de Ourense, OUFF.

Para despedir o ano, e tras prometer un maior recorrido en 2019 en múltiples festivais, a curtametraxe de Diana López visitará o M de Cine de Meira, un festival de cinema independente organizado polos compañeiros de Gaita Filmes.

O pase terá lugar nunha sección fóra de competición o vindeiro domingo 30 de decembro a partir das 18.00h na Casa da Cultura de Meira.

 

M-De-Cine_Festival-GaitaFilmes