Seleccionar página

Máis dun centenar de persoas achegáronse para ver Feminazi en Vilagarcía de Arousa

O colectivo O Soño de Lilith organiza o Festivala: Mulleres creando. Un festival multidisciplinar que inclúe música, teatro, poesía e cine. Nesta segunda edición, a Organización convidou a Diana López e Abella Creativa a proxectar a curtametraxe Feminazi, como despedida e guinda final do certame.

O Salón García acolleu este segundo pase do filme con gran expectación e con máis dun cento de persoas (homes e mulleres) e coa presenza da directora Diana López Varela, coa que posteriormente, mantiveron un ameno e interesante coloquio.

Próximos pases: Santiago de Compostela, Ourense e Vigo

Dende Abella Creativa xa estamos a organizar novas proxeccións da cinta feminista de Diana López Varela. A vindeira, xa concretada e anunciada, será o próximo venres 22 de xuño na Unitaria de Santiago de Compostela, con entrada de 3 € e posterior presentación da directora, Diana López Varela.