Seleccionar página

Diana López Varela presenta «Feminazi», su primer cortometraje como directora

Unha obra transgresora sobre a concepción absurda e ridícula que, do feminismo, teñen moitos homes. Así é Feminazi, a curtametraxe co que a guionista e xornalista pontevedresa Diana López Varela debuta como directora.

A estrea da curtametraxe celebrouse este sábado na Sala Karma, onde xunto coa directora estivo gran parte do seu equipo técnico, formado maioritariamente por mulleres.

Os seus protagonistas son Fernando González e Laura Míguez, actores en series como Fontealba, Pazo de familia ou Viradeira e membros da compañía teatral Il Maquinario.

Nunha sala ateigada de público de todas as idades, onde se viron algunhas camisolas oficiais do filme de cor amarelo, máis dun centenar de persoas acudiron á chamada desta cinta, que a continuación percorrerá diferentes salas e auditorios.

Nunha recente entrevista para o xornal dixital El español, Diana López Varela, deixou numerosas declaracións, entre as cales, destacamos as seguintes:

«Non é que me faga a mínima graza o machismo, é que a comedia sempre ten algo de verdade e dor, e é neste xénero onde eu consigo facer a miña propia catarse»

«Ademais, son galega, e a ironía é a terceira lingua oficial aquí. Cústame moito non expresarme ironicamente cando estou cabreada».

«Gústanme as mulleres fortes e estou un pouco cansa do relato cultural de vítima. Mesmo desde o punto de vista da comedia, por que habemos de ser sempre as boas?, por que temos que perder sempre ou esperar a que nos rescaten? Fainos iso máis feministas?»

«Ó final os homes tamén son fillos da súa educación e non sempre saben o que teñen que facer. Pensei mil veces niso, nas veces que rexeitei sexo oral apetecéndome unha chea por non estar depilada ou «recentemente» lavada. E en cantas veces cortei o roio para irme ó baño correndo a darme unha auga. Por favor, que terrible é o machismo para todos».