Seleccionar página

Diana López Varela presenta o trailer de Feminazi, a súa ópera prima

Diana López presenta esta obra rompedora e transgresora que busca plasmar unha parodia do feminismo mal entendido e no que os prexuízos e o descoñecemento do movemento, fan ter unha idea tergiversada a moitas daquelas persoas que critican, valoran e xulgan a partir da súa ignorancia.

Diana López Varela: xornalista, escritora, guionista… e agora directora

Diana López Varela é unha xornalista, escritora e guionista pontevedresa cunha traxectoria imparable en cinema (El niño con el pijama de rayas, El Alcalde), televisión (Land Rober, O gato con botas), teatro (No es país para coños) e xornalismo (Elnacional.cat, Diario de Pontevedra, Jot Down…). Ademais, escribiu e dirixiu a exitosa obra de teatro breve Non é país para conas e escribiu o ensaio feminista do mesmo nome No es país para coños, do cal xa saíu a súa terceira edición.

O equipo de Feminazi

Feminazi é unha produción audiovisual de Diana López Varela e Abella Creativa dirixida pola guionista, escritora e bloguera Diana López, a cal se enfronta á súa primeira dirección dunha obra cinematográfica.

O equipo do filme é case 100% feminino, exceptuando os integrantes do departamento da produción. Un xeito de reivindicar, unha vez máis, máis presenza de mulleres no eido audiovisual. Directoras, sonidistas, directoras de fotografías, directoras de arte… Todos os departamentos foron cubertos por mulleres, reclamando unha vez máis o berro #MáisMulleres

Feminazi: a historia sobre feminismo que dirixe Diana López Varela

A historia narra unha relación de parella na que Rocío, membro dunha Plataforma Feminista, acode a un acto da mesma e dille a Manu (o seu noivo), as responsabilidades que teñen en común.

A partir dunha discusión entre ambos, os feitos que van acaecendo fan que a situación se volva máis e máis rocambolesca.

O reparto está conformado por Fernando González e Laura Míguez (experimentados actores formados na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo e actores da compañía teatral Il Maquinario).