Seleccionar página

La Leyenda de... de N. Wolf

Un universo creado a partir da imaxinación dun orosano plasmado na novela “La leyenda de…”

O escritor embárcase na súa primeira novela fantástica e afirma que:“máis que un libro son varios libros en tan só un”

– Este luns 27 de novembro ás 20.00h no Centro Cultural Casas Novoa de Sigüeiro terá lugar a presentación da novela “La leyenda de… (Parte 1) La espada de Orec»
– O evento contará coa presenza de D. Manuel Mirás – alcalde de Oroso-, D. Luis Rey – concelleiro de cultura do Concello de Oroso- e Ignacio Pereiro (alias N. Wolf), o escritor do libro.
– Posterior á presentación, haberá exemplares dispoñibles á venda e firma de libros por parte do autor.

O vindeiro luns 27 de novembro ás 20.00h no Centro Cultural Casas Novoa de Sigüeiro, terá lugar a presentación da novela “La leyenda de… La espada de Orec” de N. Wolf. O acto contará coa presenza do director da obra, acompañado por D. Manuel Mirás – Alcalde do Excmo. Concello de Oroso- e D. Luis Rey Villaverde – Concelleiro de Deportes, Cultura, Mocidade, Voluntariado, Emprego e Promoción Económica do Concello de Oroso-.

Ignacio Pereiro, alias N. Wolf é un escritor novel que se enfronta á súa primeira novela. Xa que desde pequeno, gozaba recreando mundos imaxinarios que mesmo chegaba a plasmar nun papel nalgúns casos. Pois Ignacio Pereiro, baixo o pseudónimo de N.Wolf, debe a Michael Ende o seu amor por escribir relatos de literatura fantástica e a súa paixón por vivir aventuras a través dos libros; a J.R.R Tolkien a ambición por crear historias épicas de bastos e conexos mundos imaxinarios; e a Alexandre Dumas o anhelo de encadear e plasmar feitos por medio da palabra escrita. Unha novela repleta de aventuras, fantasía, épica, ocultación e misterio, cuxo inicio comezara a forxar sendo un adolescente, que permaneceu tempo oculta nun caixón, e que finalmente quitoulle o pó para que vexa a luz tras un arduo e concienzudo traballo de varios anos co fin de mergullar a todo aquel que desexe lela nun universo onde a personaxe do enigmático ancián Yase é o encargado de relatarnos historias sobre deuses, elfos, humanos, ananos, reis e guerreiros dotados de grandes poderes. Finalmente, o autor xa conta coa súa primeira novela debaixo do brazo, na que realizou numerosas referencias e homenaxes a amigos e coñecidos que lle apoiaron durante a escritura do libro.

A historia desta novela transcorre nun tempo afastado, sobre a Creación e baixo os designios marcados por tres profecías, conviviron humanos, elfos e ananos. E houbo un momento no que a supervivencia dos primeiros viuse fortemente ameazada. Como indica o escritor: “a novela é varios libros nun só, infestado de historias, saberá de que modo o bravo Orec forxa unha espada de propiedades sobrenaturais coa que tenta salvar á súa raza dunha case segura extinción”. Este é o fío condutor co que se irán tecendo narracións coas que ir reconstruíndo a verdadeira historia do reino, a través das cales saber as terribles probas que poden chegar a pasar os mozos para entrar no exército, a diferenza entre ser un guerreiro abal e un escollido Guerreiro Elemental, o papel dos deuses na Creación, a importancia de lobos e corvos que non son o que parecen, batallas con resultado incerto. Tamén a historia da bela Lunaira e o seu amor co príncipe Baltar, o cruel reinado do rei Ardulg, o decisivo coñecemento legado polo mestre Zurvan ou a apaixonante lenda de Galdón. Ao contrario do que poida parecer, estes relatos que van conformando a genealogía do reino non se pechan sempre, algún floco vai quedando para a imaxinación e a sagacidade do lector, ou quizá para unha próxima entrega.