Seleccionar página

O director presenta este filme centrado na vida do ilustre galego durante os seus vinte anos de vivenzas en Pontevedra, antes do seu exilio. Cinema galego de verán na Praza Peirao da Chousa en Combarro (Poio)

Castelao revive os seus anos en Pontevedra no novo filme de Miguel López titulado Castelao: de chumbo a verba

  • O sábado 5 de agosto ás 22.00h, Castelao: de chumbo a verba preséntase na Praza do Peirao da Chousa en Combarro, Poio.
  • Protagonizada por Miguel Pernas, na pel de Castelao e Iago Novoa, un rapaz que está a estudar e ten que realizar un traballo na escola sobre o ilustre galego.
  • O filme conta coa participación de actrices recoñecidas como Uxía Blanco e Silvia Romaus e a música da portuguesa afincada en Ourense, María do Ceo.

Miguel López xa ten debaixo do brazo a súa primeira cinta audiovisual. Tras máis dunha década de estudio, reflexións e correccións de guión, o director galego presenta o seu primeiro filme: Castelao: de chumbo a verba.

O vindeiro sábado 5 de agosto ás 22.00h na Praza do Peirao da Chousa de Combarro, o director e guionista Miguel López xunto co seu equipo, presentarán este filme documental.

A historia do filme transcurre na época actual. Nun colexio de Pontevedra celébrase o día das artes Galegas adicado á Castelao. A mestra (Uxia Blanco) encarga un traballo que teñen que realizar os alumnos durante o fin de semana. Xavi (Iago Novoa), un neno intelixente e un pouco lacazán recibe unha reprimenda da súa mestra por non estar atento á clase. A partir de aí, o neno artella un mundo entre a fantasía e a realidade que se inicia cando a estatua de Castelao do grupo escultórico de la Praza de San Xosé cobra vida (Miguel Pernas) e percorre co neno os lugares máis significativos da Pontevedra na que viviu o insigne galeguista durante 20 años.

Castelao: de chumbo a verba é un documental ficcionado no que se mistura a época actual, imaxes de arquivo de Castelao e flashbacks que nos achegan as dúas froitiferas décadas -de 1916 a 1936- da vida do artista e escritor rianxeiro, axudando a entendermos o seu pensamento, e a súa vida persoal, cultural e política.

Castelao: de chumbo a verba está producida por Miguel López en coprodución con Abella Creativa, co apoio do Concello de Pontevedra, Concello de Poio, Pontevedra Film Commission, Pazo da Cultura de Pontevedra e o patrocinio e colaboración de Bateamar, Galicia Calidade, Gadis, Estrella Galicia e Mandeo Récords.