Seleccionar página

Disco-Monoulious-DOP-LP-Padre

LP Padre: o novo disco de Monoulious DOP

O novo disco de Monoulious DOP xa ten data de estrea e lanzamento. Será o venres 9 de xuño ás 22.00h no Sónar, sala compostelá situada en Mazarelos número 4. Novas cancións e cancións xa coñecidas desta banda cuxo estilo musical está ben definido e ademáis é único e xenuino: a #BrozaMusic.

Ula e Mon, o dúo acústico que comezou a banda alá por 2012 facendo vídeos para internet e para ligar máis, segundo eles mesmos aseguran, xa ten o seu primeiro disco baixo o brazo.

Acuriosidade de Mon e Ula, dous amigos de toda a vida, fai que empecen a subir videoclips que eles mismos producen para ver como funcionan as suas cancións na rede sin nin tan sequera existir como banda, a modo de experimento social, para ver se ligan máis. A raíz de montar a banda Mon e Ula abren o espectro e deciden facer acústicos de formato reducido, onde, ca axuda dunha guitarra, embarcanse por salas, garitos e antros de diversa índole (que non sabemos o que significa pero que queda guay) da xeografía galega, cun show divertente e chocante.

Aquí podedes disfrutar dos seus últimos vídeos!

Monoulious DOP: Broza Music

Son un condón

Monoulious DOP: Broza Music

Batabatunga

Monoulious DOP: Broza Music

Crazy Mocco