Seleccionar página

Cada vez son mais numerosos os expertos que falan da inportancia do xogo espontáneo no desenvolvemento do individuo e das graves consecuencias que está a ter a ausencia de xogo libre non dirixido na infancia. Autores como Peter Gray, (Crecendo en liberdade) Renata Meiralles (territorio do Brincar), Stuart Brown (fundador do instituto nacional do Xogo dos EEUU.) Francesco Tonucci ( a cidade dos nenos) e tamén iniciativas como imagineelefant ou Isto non é unha escola, son claros exemplos desta tendencia.
No marco desta reflexión atópase o traballo de Miguel Castro e os seus talleres de Expresión e Educación creadora e O xogo de pintar de Arno Stern. Miguel Castro é, dende hai 30 anos, un estreito colaborador de Arno Stern e responsable xunto con Vega Martín de Diraya (Estudo de Educación Creadora en Bilbao). Así mesmo, profesor asociado da Universidade de Cantabria durante máis de 25 anos participou en Congresos Internacionais e impartido conferencias, charlas e cursos de formación para empresas, profesionais da educación e para pais. É un referente esencial na reflexión educativa actual. As condicións da educación creadora propostas por Arno Stern para pintar son o fundamento do seu traballo en Diraya, tendo investigado a súa aplicación a outros materiais e a calquera outra aprendizaxe. Os Obradoiros de Expresión e Educación Creadora Diraya son un espazo libre de modelos, comparacións e xuízos onde todas as persoas poden desenvolver a súa capacidade creadora.

“Todos temos a posibilidade de iniciar unha “deriva persoal” baseada nas propias necesidades. Libres de modelos e xuízos, o medo desaparece, rómpenos e crecemos moito máis do que imaxinamos ser capaces. O xogo é a actividade máis seria e rigorosa que existe, onde se pode improvisar, investigar e crear, para o que vimos dotados por natureza e que constitúe unha parte esencial do que nos define como seres humanos.” Diraya

A conversa pública está organizada por ECO Escuela de Arte en colaboración con Abella Creativa e Obra Social Abanca.