Seleccionar página

Luis Emilio Batallán, Riquela Club. Volve a súa cidade natal presentando novo disco publicado por Universal Music

* O responsable do disco con maior éxito de todos os tempos da música galega actúa na Sala Riquela de Santiago de Compostela, o venres 3 de febreiro ás 21.00h.

* O artista chega a Santiago de Compostela, con novo disco baixo o brazo: 70 y 29, un elepé producido dende Cuba e Nova Iorque, distribuido por Universal Music e coas colaboracións estelares de Joaquín Sabina, Joan Manuel Serrat e Pablo Milanés entre outros.

Deica pouco, Luís Emilio cumpría corenta maios desde que sacou o seu primeiro disco: “Ahí ven o maio”. Ese que o lanzou á fama a mediados da década dos 70´ e que o converteu no disco máis vendido de todos os tempos. Médico de profesión durante moitos anos, agora, Batallán céntrase ao 100% na música.

O venres 3 de febreiro ás 22.00h, a Sala Riquela de Santiago vestirase de gala para recibir a Luís Emilio, alcumado por D. Álvaro Cunqueiro como Lord Batallán. Luís Emilio chega a este concerto co seu novo disco debaixo do brazo e con moitísima ilusión de facer vibrar aos santiagueses coa súa música. “Santiago… que dicir desta fermosísima cidade? Que conquista corazóns e inspira melodías” afirma Batallán.

Riquela Club acolle a presentación en Santiago de Compostela do último traballo discográfico de LUIS EMILIO BATALLÁN. Editado por Universal, o disco titulado 70 y 29 chega dous anos despois do seu anterior disco, Había que chegar (2014), e inclúe 14 temas nos que segue na estela do seu antecesor, marcado polo latino, pero deixando protagonismo ao jazz e o blues. En 70 y 29, Luis Emilio Batallán canta ao amor e as súas diferentes facianas asomándose ao interior das sentimentos e das persoas coa elegancia e o bo gusto que proporcionan a experiencia e a madurez. O disco conta con colaboracións de tres grandes figuras como Joaquín Sabina, Joan Manuel Serrat e Pablo Milanés; nomes que falan por sí sós do recoñecemento do que goza entre os seus compañeiros este veterano compositor, músico e cantautor compostelán que iniciou a súa actividade musical nos anos 70 e que semella vivir unha nova primavera creativa. Non podemos esquecer que Luis Emilio Batallán asinou en 1975 o que probablemente é o único disco supervendas en galego, aquel Aí ven o Maio que vendeu arredor de case medio millón de exemplares. Nesta xira de presentación de 70 y 29 quedaba pendente a presentación ante o público da súa cidade, Compostela… esta débeda será saldada o venres 3 de febreiro (Riquela Club, 21.00 h.) e as entradas están dispoñibles en Ticketea, Riquela e A Reixa Tenda.

 

 

Compra aqu tus entradas
ticketea

riquela-batallan