PRODUCTORA AUDIOVISUAL
MARKETING DIGITAL
WEB
Video corporativo
Organizacion eventos
Videos eventos
Edicion video y Posproduccion
Posicionamiento SEO
Redes Sociales
Comunicacion
Blogs
Formacion
Diseño WEB
Diseño Grafico e Ilustracion
CALES SON OS SERVIZOS QUE OFRECEMOS?
Abella Creativa é un colectivo que naceu para crear a partir das ideas propias e alleas, novos universos, palpables en diferentes ámbitos: dende un flyer promocional ata unha longametraxe audiovisual, pasando por un evento de presentación coa súa correspondente campaña de marketing e comunicación, todo elo, ofrecendo unha asistencia integral a nivel de comunicación e xestión corporativa.

AUDIOVISUAL
Desde la idea hasta la distribución
AUDIOVISUAL
En Abella Creativa traballamos dende o punto de partida de calquer proxecto audiovisual: o folio en branco. A partir de aí acompañamos ó guionista na súa aventura, asesorando durante o proceso.
Primeiro a fase de preprodución (búsqueda de financiamento, prantexamento do plan de produción, cronograma e timing de accións, asesorería)
A continuacion a fase de produción (selección de equipo técnico, casting e selección de equipo artístico, localizacións de rodaxe, acordos con patrocinadores e colaboradores e rodaxe)
E por ultimo Postprodución e distribución (montaxe, edición e presentación e lanzamento do proxecto nas estreas, pases e proxeccións, así como a distribución e difusión audiovisuais por certames e eventos)
DESEÑO
DESEÑAMOS A IMAXE DA TÚA MARCA!
Necesitas unha imaxe corporativa chamativa e atractiva para o teu novo negocio?
Queres renovar a imaxe do teu negocio, empresa ou asociación?
Precisas dun cartel anunciador dun evento, de folletos informativos, flyers, dípticos ou calquer outro tipo de soporte publicitario para difundir a túa mensaxe?
Buscas sorprender cunha ilustración xenuina e orixinal?
Todo isto e moito máis, podemos facer ti. Fala connosco e entenderémonos. Podes enviar a túa consulta a
olalla.dieguez@abellacreativa.com
O XARDÍN DOS SOÑOS
Imagotipo

UN MAL DÍA
Ilustración para libro

FEMINAZI
Logotipo do filme

AMARATÓN (AMADOR PENA)
Identidade corporativa gráfica


LUDERE
Identidade corporativa gráfica

MANAGEMENT
Xestión artística e de concertos
ARTISTAS DE ABELLA CREATIVA
A continuación presentamos o noso roster de artistas. Contamos coa representación internacional dos seguintes artistas e espectáculos: dende música rock, pasando polo pop, a canción de autor e espectáculos cómicos e de humor.

PARA OS ARTISTAS
– Se buscas representación artística e estás interesado en que levemos a xestión das túas contratacións en salas, auditorios, teatros, cafés-concerto, festivais, espectáculos e eventos de todo tipo.
– Se queres alguén que xestione a organización dos eventos que celebras, intermediando cos espazos, técnicos, programadores.
– Se precisas de difusión mediática e labores de comunicación para os teus espectáculos e a túa figura como artista…
– Se soñas con contar con sponsoring, marcas asociadas, empresas que apoien a túa labor artística ou cerrar contratacións publicitarias…
Nós somos a resposta!
PARA OS PROGRAMADORES CULTURAIS
Se estás interesado/a na contratación nalgún destes artistas para o teu evento (concerto, festival, festa privada, etc). non dubides en contactarnos: booking@abellacreativa.com
EVENTOS
En Abella Creativa levamos durante anos traballando en múltiples eventos: congresos, feiras, festivales, galas, simposios, catas, degustacións, estreas, proxeccións, ciclos…
Como organizamos un evento
A chave do éxito está en realizar un seguimento exhaustivo e constante, establecendo un método de traballo que sirva para trazar as liñas a seguir, establecendo as tarefas e funcións principais para cada un dos membros do equipo.
Seguimos unha serie de pasos para organizar un evento:
- Investigación e planificación de necesidades
- Orzamento, plan de produción e cronograma
- Contratación de servizos de proveedores e artistas
- Plan de marketing e comunicación
- Organización de equipos e tarefas
- Avaliación e seguimento de resultados
Experiencia en formación especializada
Somos formadores profesionais con máis de cinco anos de experiencia, impartindo cursos, obradoiros e tamén conferencias sobre as nosas especialidades. Visitamos centros de negocios, empresas e eventos formativos (simposios, charlas, congresos, conferencias) así como impartimos clases en academias e centros de ensinanza.
Colaboramos habitualmente impartindo cursos nos seguintes centros:
Áreas de ensinanza
Impartimos cursos e talleres especializados en determinadas áreas formativas:
BELAS ARTES
- Iniciación á ilustración
- Iniciación ó cómic – banda deseñada
- Pintura: a arte do lienzo.
MARKETING
- Curso de redes sociais
- Curso de posicionamento web e marketing de contidos
- Curso de marketing integral
PRODUCIÓN AUDIOVISUAL
- Difusión e promoción audiovisual
- Produción de curtametraxes e obras de pequeno formato
MARKETING E PUBLICIDADE
XESTIONAMOS O MARKETING E COMUNICACIÓN INTEGRAL DA TÚA EMPRESA OU NEGOCIO!
Ofrecemos un servizo integral de comunicación e xestión do marketing de empresa a través da asociación con profesionais especializados do mundo das novas tecnoloxías, a neurociencia, o marketing avanzado e a comunicación.
Da idea inicial ó produto final
Abella Creativa busca ofrecer as mellores solucións para o teu negocio, pero todo dirixido a un público determinado (o noso target ou público obxectivo), na búsqueda duns obxectivos que nos marcamos e os cales chegaremos a través do prantexamento dunha estratexia e as tácticas e o medios de comunicación axeitados para cumprir esas metas e chegar ó mercado meta (público diana).
Xerar atención, suscitar interese, provocar desexo e que merquen o noso produto ou servizo
Seguindo o modelo AIDA (Atención, Interese, Desexo e Acción), un clásico publicitario que nos ensina cal debe ser o proceso mental ó que se somete un potencial comprado ante un produto ou servizo e marcándonos como pauta o método POST (Público, Obxectivos, Strategy e Tecnoloxías), elaboramos un plan de marketing e comunicación inicial para os nosos clientes de xeito gratuito no cal ofertamos o plan de acción e servizos a implementar.
OS NOSOS SERVIZOS DE MARKETING E COMUNICACIÓN
MARKETING OFFLINE (MARKETING TRADICIONAL)
SERVIZO DE CENTRAL DE MEDIOS
CAMPAÑAS DE PUBLICIDADE
GOOGLE ADWORDS
XESTIÓN DE PRENSA & COMUNICACIÓN
MARKETING ONLINE
XESTIÓN DE REDES SOCIAIS
POSICIONAMENTO WEB
WEB/TENDA ONLINE



