Seleccionar página

Redondela en Curto acolle na selección Sección Galegos a Superpunky, El Musical

Este venres 28 a partir das 19.15h na Sala da Proxección do Edificio Multiusos de Redondela.

O evento contará coa presenza do director do filme Pablo Cacheda.

Trala selección no Festival Consentido en Vigo, xunto coa xira de presentación que percorreu as cidades de Pontevedra, Ourense, Ferrol, Santiago de Compostela e A Coruña e a estrea online da obra, o filme acada unha nova selección.

Tralo éxito de dúas temporadas da webserie “Clases de lo social”, coa nominación aos Premios Mestre Mateo e o Premio do Público do Festival Carballo Interplay, Cacheda presenta un proxecto anovador e rompedor. Superpunky é un musical que conta a historia de dúas amigas, Belén e Rebeca que son íntimas desde pequenas. Ambas comparten os mesmos gustos musicais, pero cando van á universidade os seus gustos musicais sepáranse e comezan a aparecer os conflitos. Entre estes conflitos aparecerá Quique, un antigo, neno prodixio e actual cantautor maldito. Un concerto de Quique, varios anos despois de separarse do seu grupo, servirá de eixo da historia.

Ademais de destacar o talento interpretativo, tanto a nivel musical como actoral e técnico, Pablo Cacheda pescuda “crear un proxecto dun xénero case non explotado en Galicia, dun xeito arriscado e innovador”. A obra busca amosar todo o talento musical galego integrado nunha historia de ficción, parodiando un musical convencional.

Superpunky é un produción de Volvemos a Primera e Abella Creativa, co apoio do Concello de Pontevedra, a Pontevedra Film Comission e o IES Sánchez Cantón, e co patrocinio de Cárnicas Lovar, Lois Carrera, Mahou e a colaboración de J. Joaquín, Acuña, Marilyn Pontevedra, Bar Pasaje, O Fogar dos Martínez, Víctor Moledo, Códex Pontevedra, Gadis, Nikis Galicia Style, Trípede, Skandal, Pulpería Ruzo, Cega Audiovisuales e Libraría Paz.