Matria, nova curtametraxe de Álvaro Gago
Dende que en Cans arrasou con Curricán, unha obra audiovisual costumbrista ambientada na Illa de Arousa, Álvaro Gago presenta novo traballo: Matria. Unha historia arriscada pero necesaria de contar. E Abella Creativa en canto soubo da súa produción, estableceu contacto co director para crear vínculos e establecer canles de apoio para a obra. E Álvaro encantado, e nós, por suposto, tamén.
O argumento do filme Matria
MATRIA é unha curtametraxe sobre unha heroína cotiá defectuosa. Sempre cos pés na terra, a intención de Álvaro Gago é a de documentar a súa realidade baixo a ilusión da ficción. Unha realidade tráxica que non ten un aparente final na película, pois MATRIA é unha traxedia contínua gravada con lume na cotidianidade e a rutina. Ramona, a protagonista, está soa e o contexto non lle favorece, pero non perde a esperanza, que reside na súa propia determinación e dignidade, e no amor que lle une á súa familia. MATRIA, se pretende algo, é ser unha película humanista, e non hai humanidade sen esperanza.
Ficha técnica
TÍTULO: MATRIA
NATUREZA: Curtametraxe
XÉNERO: Drama / Social
DURACIÓN: 20 minutos
LOCALIZACIÓN: Vilanova de Arousa, Illa de Arousa, Cambados
PAÍS DE PRODUCIÓN: España
IDIOMA ORIXINAL: Galego
DATAS DE RODAXE: 06/03/2017 – 12/03/2017
FORMATO DE RODAXE: Arri Alexa Mini, 25fps, 1:85:1, Cor
SON: Dolby Dixital 5.1
A rodaxe comeza… xa! Unha semana do 6 ó 12 de marzo
Rodaxe: do 06 ao 12 de Marzo.
Montaxe: do 19 de Marzo ata a segunda semana de Abril.
Posproducción (son, mesturas finais, cor, subtítulos): mes de Abril.
Entrega final: inicio do mes de Maio.
Estrea: Xuño 2017