Amador Pena presenta como preparar un baño con sal natural e como facer adestramentos cruzados
Arrastrando unha leve lesión que polo momento non lle permite realizar carreiras longas, Amador Pena céntrase en continuar coa súa preparación realizando adestramentos cruzados, é dicir, combinando bicicleta con carreira polo monte. Esta leve lesión comeza a preocuparlle de cara ás últimas semanas da gran cita: o maratón de Los Ángeles.
Ingredientes para un baño con sal
- 2 kgs de sal natural ecolóxica mariña (non sal de mesa, que contén moito sodio)
- Bañeira media: 100 litros de auga. Temperatura: entre 35 e 45º grados.
- Tras rematar o adestramento, a bebida ideal para recuperar sales minerais: a cervexa. Iso si, sen alcol, que o que nos provoca é deshidratación.
Beneficios de un baño con sal
- Axuda a desintoxicar os órganos internos.
- Regula a presión sanguínea.
- Alcaliniza o medio celular.
- Favorece o descanso.
- Alivia dolores músculo/esqueléticos.