Seleccionar página

Diana López presenta Feminazi: unha curtametraxe dirixida e escrita por ela sobre o feminismo

Feminazi é unha produción audiovisual dirixida pola guionista, escritora e bloguera Diana López, a cal se enfronta á súa primeira dirección dunha obra cinematográfica. Co apoio de Abella Creativa, esta moza presenta este texto rompedor e transgresor que busca plasmar unha parodia do feminismo mal entendido e no que os prexuízos e o descoñecemento do movemento, fan ter unha idea tergiversada a moitas daquelas persoas que critican, valoran e xulgan a partir da súa ignorancia.

Onde apoiar esta obra: en Verkami, temos o noso crowdfunding

Seguindo o seguinte enlace, poderedes apoiar esta obra con suculentas e interesantes recompensas: http://vkm.is/feminazi

Reparto de luxo: a parella protagonista Fernando González e Laura Míguez

Interpretado por Fernando González e Laura Míguez (experimentados actores formados na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo e actores da compañía teatral Il Maquinario), a historia narra unha relación de parella na que Rocío, membro da Plataforma Feminista, acode a un acto da mesma e dille a Manu (o seu noivo), as responsabilidades que teñen en común. A partir dunha discusión entre ambos, os feitos que van acaecendo fan que a situación se volva máis e máis rocambolesca.

Abella Creativa: coprodutora do proxecto xunto con Enconarte Producciones

Abella Creativa xestionará a dirección de produción desta obra, coordinando xunto coa creadora:

  • Selección de equipo técnico e materiais preciso para rodaxe
  • Calendarización e plan de produción, financiamento e orzamentario.
  • Selección de localizacións de rodaxe.
  • Campaña de promoción, comunicación e difusión.
  • Produción: xestión de proveedores e rodaxe.

O guión de Diana López: breve sinopse da obra

Rocío e Manu son unha parella de treintañeros que perden os seus días de vacacións tirados no sofá, vendo series e películas compulsivamente, tragando comida lixo e bebendo cervexa. Unha parella feliz co seu feliz can, Coco, ao que Rocío quero esterilizar en contra da vontade de Manu.

diana-lopez-feminazi