Castelao: de chumbo a verba xa ten data de estrea: sábado 20 de maio ás 20.00h en Pontevedra
O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá a estrea desta longametraxe documental de ficción dirixida por Miguel López e producida por Abella Creativa, coa colaboración de Breogán Films, Pontevedra Film Comission e Concellaría de Cultura de Pontevedra O sábado 20 de maio ás 20.00h, Castelao volverá a vida en Pontevedra grazas a este filme do realizador pontevedrés.
Sinopse do filme Castelao de chumbo a verba
Nun colexio de Pontevedra celébrase o día dás artes Galegas adicado á Castelao. A mestra (Uxia Blanco) encarga un traballo que teñen que realizar os alumnos durante o fin de semana. Xavi (Iago Novoa), un neno intelixente e un pouco vago recibe unha reprimenda da súa mestra porque toda a semana dedicárona a dar información sobre Castelao e non a sabe contestar as preguntas da profesora. A partir de aí, o neno artella un mundo entre a fantasía e a realidade que se inicia cando a estatua de Castelao do grupo escultórico de la Praza de San Xosé cobra vida (Miguel Pernas) e percorre co neno os lugares máis significativos da Pontevedra na que viviu o insigne galeguista durante 20 años.
Documental ficcionado no que se mistura a época actual, imaxes de arquivo de Castelao ou flashbacks que nos achegan a dúas froitiferas décadas -de 1916 a 1936- da vida do artista e escritor rianxeiro, axudando a entendermos o seu pensamento, e a súa vida persoal, cultural e política.
Equipo artístico do filme
Miguel Pernas, Iago Novoa, Uxía Blanco, Yolanda Vázquez, Silvia Romaus, María do Ceo, Armando Gónzalez, José Salgado, Xerardo Pardo, Tito Montes, Paco Pernas, Victor Medialdea, Alexandre Ventura, Sergio Heredia, Dani Iglesias, Bia Garcia, Juanjo López, Uxía Boga, Ramiro Félix, Juan Covelo, Carlos Cerviño, Maria Luisa Maquieira