Seleccionar página

Diana López Varela comeza coa fase de preprodución de Feminazi

Tras acadar o obxectivo de financiación de 3.000 € a través da plataforma de Verkami e grazas á aportación de 41 mecenas, a escritora, guionista, blogueira, xornalista e agora directora de cinema, comeza a confeccionar o equipo técnico da obra. Co apoio de Andrés Rozados na dirección de produción, ambos crearán o equipo técnico e comezarán coa fase de organización das localizacións, plan de rodaxe e produción e ensaios co equipo artístico.

Entrevista no programa de Televisión de Galicia, ZigZag Diario a Diana López Varela

Como xa sucedera co Diario de Pontevedra, Diana López Varela concedeu outra entrevista a ZigZag Diario, un magacín cultural de TVG2 presentado por Pilar G. Rego. A reportaxe, realizada polo xornalista Ángel Suanzes, foi gravado na Fundación Granell de Santiago de Compostela. O cultural profunda na defensa dos dereitos da muller con Diana López. Directora da obra de teatro “No es país para coños” e do ensaio co que comparte título, a xornalista é unha voz habitual da temática feminista, á que volve achegarse nun novo proxecto de carácter audiovisual, “Feminazi”.

Coñece mellor a Diana López Varela

Diana López Varela (Pontevedra, 1986) é guionista, bloguera e columnista. Escribiu e dirixiu a exitosa obra de teatro breve No es país para coños e escribiu o ensaio feminista do mesmo nome No es país para coños, do cal xa saíu a súa terceira edición.
Non es país para coños (Península/ GRUPO PLANETA) é unha reflexión fresca e vibrante sobre o rol do feminismo e a necesidade de reivindicalo na teoricamente moderna sociedade española.

Á súa vez, foi coescritora a longametraxe de animación Memorias de un hombre en pijama (adaptación da novela gráfica superventas de Paco Roca, autor de Arrugas), a longametraxe El alcalde, o documental de Canle + Explosión de series, a adaptación en lectura teatral de Pulp Fiction (dirixida por Carlos Vermut), o documental para TVG 25 anos de cinema galego, a segunda tempada da webserie Clases de lo social, a curta musical Superpunky e dúas longametraxes rodadas en República Dominicana.

 

diana lópez varela diario de pontevecra