O Vervo Xido: a lingua das pedras
O vervo xido: a lingua das pedras é un documental de ficción dirixido por Xavi Leiro e Pablo Cacheda e coa produción de Volvemos a Primera e Abella Creativa, que volven unir forzas tras Superpunky: El Musical. A historia fala dun profesor reúne 7 persoas, que a través dun grupo de traballo contan os diferentes usos da antigua lingua dos canteiros da zona de Terra de Montes, o “vervo xido”. Unha xerga misteriosa case extinta utilizada polo gremio para
relacionarse. O profesor ten uns obxectivos: investigar sobre o “vervo”, que este non se perda, e sobretodo que este se transmita o modo de cadea de favores.
As liñas de interese do documental Vervo Xido
* Interelación xeneracional nun tema común nas personaxes por diferentes motivacións.
* Búsqueda de 7 historias/personaxes moi diferentes entre si, co “vervo” como nexo.
* Incluir de forma transversal distintos temas relacionados co “vervo xido”.
* O poder da igrexa como cliente, os gravados da pedra, a itinerancia das cuadrillas, os seu roles, a relación do “vervo” coa muller, o hermetismo da lingua e o mundo rural dos canteiros.
* Relación do “vervo” co galego da zona e con outras linguas como o euskera, catalán, latín ou francés