Castelao: de chumbo a verba está en fase final de postprodución de son con Mandeo Records
Últimas semanas para ultimar todos os detalles do proxecto de Miguel López, o documental Castelao: de chumbo a verba, adicado ó polivalente artista galego sobre a súa vida na cidade de Pontevedra (entre 1916 e 1936), unha fase de Castelao pouco explorada e coñecida.
A estrea da obra está prevista para o mes de maio de 2017
A continuación, podedes ver unha entrevista con Dani López, xefe de son de Mandeo Records e responsable da postprodución de audio de Castelao: de chumbo a verba.