Superpunky el Musical estréase en Youtube a noite dos Óscar
Coincidindo coa festa do cinema americano, un dos eventos máis prestixiosos do mundo do celuloide, e coa película musical «La la land: La ciudad de las estrellas» cun total de 14 nominacións; Pablo Cacheda anuncia a estrea online de Superpunky, el Musical.
Seguindo cunha convicción do cineasta: «as obras audiovisuais están pensadas para ser presentadas ó público e Internet ofrece a posibilidade de chegar a todo o mundo, literalmente, en calquer momento e en calquer lugar, cun móbil, tablet ou ordenador».
Tralo éxito de dúas temporadas da webserie “Clases de lo social”, coa nominación aos Premios Mestre Mateo e o Premio do Público do Festival Carballo Interplay, o realizador pontevedrés estrea novo proxecto audiovisual na súa cidade natal. Superpunky é un musical que conta a historia de dúas amigas, Belén e Rebeca que son íntimas desde pequenas. Ambas comparten os mesmos gustos musicais, pero cando van á universidade os seus gustos musicais sepáranse e comezan a aparecer os conflitos. Entre estes conflitos aparecerá Quique, un antigo, neno prodixio e actual cantautor maldito. Un concerto de Quique, varios anos despois de separarse do seu grupo, servirá de eixo da historia.
Ademais de destacar o talento interpretativo, tanto a nivel musical como actoral e técnico, Pablo Cacheda pescuda «crear un proxecto dun xénero case non explotado en Galicia, dun xeito arriscado e innovador”. A obra busca amosar todo o talento musical galego integrado nunha historia de ficción, parodiando un musical convencional.





