Tea Time Monkeys seleccionada no Films from Galicia
No catálogo internacional Films from Galicia de produccións audiovisuais de AGADIC para este curso 2017, dentro da sección Toons from Galicia, a obra de animación desenvolvida por Biggabug e onde Abella Creativa é coprodutora, Tea Time Monkeys será vista en numerosos festivais, certames e eventos para a súa comercialización.
Esta selección é moi importante de cara a darlle visibilidade ó proxecto a mercados internacionais: canles de televisión, produtoras, distribuidoras e axencias de vendas.
Preto de 30 obras presentes neste catálogo
Como en anos anteriores, ‘Films from Galicia’ estrutúrase en catro grandes bloques. No caso de ‘Pics’, que recompila 23 longas de ficción, sobresae a elevada porcentaxe de proxectos nunha avanzada fase de desenvolvemento (10 títulos), así como de directores noveis en longametraxe, como Andrés Goteira, Álvaro Fernández-Pulpeiro, Jaione Camborda, Anxos Fazáns ou Xacio Baño. Pola súa banda, ‘Docs’ reúne 18 longas documentais xa rematadas e tres en proxecto. Cómpre salientar aquí a variedade de temáticas e facturas ou a importante relación de propostas que iniciaron o seu camiño tras recibir axuda da Axencia Galega das Industrias Culturais na convocatoria para a promoción do talento audiovisual galego.
