Preto de 30 filmes inscritos no ciclo de cinema galego Ficciónate
Nesta II edición de Ficciónate, ciclo de cinema galego foron un total de 29 as obras de ficción de curta duración inscritas para participar nesta nova andaina. Toca agora o turno do Xurado, que deliberará durante estes días entre todas as obras inscritas, cales son as seleccionadas que formarán parte neste novo ciclo.
O Xurado: participantes e coordinadores deste primeiro ciclo
O Xurado estará conformado por profesionais do eido audiovisual participantes na I edición de Ficciónate en 2016:
Lois Blanco, escritor, guionista e director
Miguel Díaz, director de produción
Olalla Diéguez Boó, deseñadora e ilustradora
Andrés Rozados, coordinador do ciclo
O vindeiro 10 de febreiro terá lugar o fallo do Xurado no cal se comunicará publicamente a relación de seleccionados, previa notificación vía correo electrónico e/ou teléfono da selección e aceptación da selección.
Listaxe de obras presentadas a Ficciónate 2017: ciclo de cinema galego
Direcciones, de Anxos Fazáns
Nacer en Septiembre, de Anxos Fazáns
Comercial, de Roi Carballido
O Rebelde, de Óscar Doviso
Einstein-Rosen, de Olga Osorio
3-1=0, de Juan Galiñanes
Restart, de Olga Osorio
Galicia Portobello Road, de Adriana Páramo
Illa Pedra, de Adriana Páramo
Fumando espero, de J.A. Blanco
Superpunky, El Musical, de Pablo Cacheda
Conversa cunha muller morta, de Sonia Méndez
Leo y Mario (se dejan), de Sonia Méndez
As damas negras, de Sonia Méndez
Share or not share, de Juan Hervella-Rego
Curricán, de Álvaro Gago
Lurna, de Nani Matos
Flores para Amalia, de Nani Matos
The Magic Oven, de Sandra Varela
La sentencia, de David Salgado Marcote
Acaricie a Poupette, de Guillermo Arias-Carbajal
Espazo, de Ángel Filgueira
Mamma, de Gonzalo Cotelo
Ladrones de tiempo, de Fran X. Rodríguez
Toc toc, de Daniel Veira Martínez
Proceso de selección, de Manuel Ben
A nota final, de Axel Muñiz
Arde, de Pablo Portero
Despierta, de Pablo Portero