Seleccionar página

Amador Pena fálanos dos exercicios ideais para adestrar para unha maratón

Novo vídeo do noso atleta favorito, no que nos fala desa maratón na que vai competir xunto con Pedro Nimo: o seu debut será en Los Ángeles: LA Marathon. Por elo, comeza o seu adestramento con exercicios en escaleiras, nos cales nos recomenda o seguinte:

  • Skipping
  • Correndo de 3 en 3
  • Correndo para atrás
  • Á pata coxa
  • Pés xuntos de 2 en 2
  • Pasos cruzados
  • Con sentadilla

Consellos de recuperación efectivos: Crioterapia natural

Amador Pena sorpréndenos tamén cunha curiosa e bastante efectiva recuperación: a crioterapia. Tras unha longa carreira e un duro adestramento, podemos atopar fontes de agua e lavadoiros naturais que nos permiten facer crioterapia natural e poñer as pernas en remollo. A súa vez, as tiradas polo monte son ideais para adestrar e facer exercicios de resistencia durante a carreira.

Unha dieta saudable: sempre necesaria para un excelente rendemento deportivo

Volvendo á San Silvestre de Malpica, onde comezou co seu primeiro vídeo, Amador Pena ensínanos unha dieta saudable, ideal para a recuperación tras unha carreira longa, nesta ocasión, unha de media distancia. Insiste no seguinte: o feito de facer dieta non está reñido co sabor, co bo gusto e con alimentos que nos agraden. Nesta ocasión, este é o menú que nos prantexa:

  • Hamburguesa de boi, 250 gr.
  • Tortilla con ovos ecolóxicos a ser posible
  • Tomate
  • Espinacas e verduras misturadas
  • Champiñóns