Seleccionar página

Castelao: de chumbo a verba presenta o seu teaser na Gala Ano Castelao

Este domingo 18 de decembro ás 18.00h no Auditorio do Pazo da Cultura, terá lugar a celebración da Gala Ano Castelao, como peche a un ano adicado ó ilustrador, poeta, dramaturgo e escritor galego Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao.

Humor, música, teatro e moito máis

O evento contará con numerosas actuacións entre elas as de Luis Davila e Carlos Blanco, Xurxo Souto, Lydia Botana, 2 na Fronteira, Celso Parada e Limiar Teatro e será presentada pola actriz e reporteira Beatriz Campos. Todo elo contará coa pílula de poder visionar o teaser da obra Castelao: de chumbo a verba de Miguel López e coa coprodución de Breogán Films e Abella Creativa.

Un manequin challenge para ir quecendo motores