Seleccionar página

Presentación, proxección e concerto de Monoulious DOP en Superpunky, el Musical

Trala estrea en Pontevedra o pasado mes de outubro, e unha proxección xunto con concerto en Ourense, Superpunky continúa en marcha coa presentación da obra en novos lugares, tanto en Galicia como no resto de España. Contando coa presenza de actores da obra e do director da mesma, Superpunky busca mostrarse e recoller a crítica e opinión do público.

Primeira parada do ano: Barcelona

O centro galego de Barcelona será a primeira visita de Superpunky, na que se incluirá concerto dos Monoulios DOP. O evento contará coa presenza do director, onde exporá as inquedanzas que levaron ó equipo creativo a realizar esta obra e tamén porque foron seleccionados os grupos musicais para levar a cabo este traballo.

A entrada ten un custe de 4 € (anticipada vía Ticketea.com) ou ben 5 € con consumición e no caso de adquirila o mesmo día, 7 € en billeteira. Trala visita á cidade Condal, Superpunky continuará coa xira galega, presentándose na cidade d´A Coruña. A Sala Bristol é o lugar elixido para a presentación na cidade herculina, que acompañará un novo concerto dos Monoulious DOP. Finalmente, a última parada prevista para este xaneiro de 2017 é Ferrol, onde membros do equipo farán a proxección da obra musical en El Cafelito de Gloria, situado na Rúa Sol. Un lugar de devotos da cultura, o librepensamento e o audiovisual.

Máis paradas e proxeccións: a xira Superpunky continúa

Ademais destas datas e lugares prantexados, Superpunky ten previsto seguir viaxando antes do seu lanzamento online. As cidades galegas de Vigo, Santiago de Compostela e Lugo xunto coas vilas de Sanxenxo e O Grove bailarán a ritmo superpunky, ademáis dun pase pendente de confirmar en Madrid. Para o mes de marzo está previsto o lanzamento online da obra musical.