Seleccionar página
PRODUCTORA AUDIOVISUAL
MARKETING DIGITAL
WEB
Video corporativo
Organizacion eventos
Videos eventos
Edicion video y Posproduccion
Posicionamiento SEO
Redes Sociales
Comunicacion
Blogs
Formacion
Diseño WEB
Diseño Grafico e Ilustracion

CALES SON OS SERVIZOS QUE OFRECEMOS?

Abella Creativa é un colectivo que naceu para crear a partir das ideas propias e alleas, novos universos, palpables en diferentes ámbitos: dende un flyer promocional ata unha longametraxe audiovisual, pasando por un evento de presentación coa súa correspondente campaña de marketing e comunicación, todo elo, ofrecendo unha asistencia integral a nivel de comunicación e xestión corporativa.

AUDIOVISUAL

Desde la idea hasta la distribución

AUDIOVISUAL

En Abella Creativa traballamos dende o punto de partida de calquer proxecto audiovisual: o folio en branco. A partir de aí acompañamos ó guionista na súa aventura, asesorando durante o proceso. 

Primeiro a  fase de preprodución (búsqueda de financiamento, prantexamento do plan de produción, cronograma e timing de accións, asesorería) 

A continuacion a fase de produción (selección de equipo técnico, casting e selección de equipo artístico, localizacións de rodaxe, acordos con patrocinadores e colaboradores e rodaxe)

E por ultimo Postprodución e distribución (montaxe, edición e presentación e lanzamento do proxecto nas estreas, pases e proxeccións, así como a distribución e difusión audiovisuais por certames e eventos)

DESEÑO

DESEÑAMOS A IMAXE DA TÚA MARCA!

Necesitas unha imaxe corporativa chamativa e atractiva para o teu novo negocio?

Queres renovar a imaxe do teu negocio, empresa ou asociación?

Precisas dun cartel anunciador dun evento, de folletos informativos, flyers, dípticos ou calquer outro tipo de soporte publicitario para difundir a túa mensaxe?

Buscas sorprender cunha ilustración xenuina e orixinal?

Todo isto e moito máis, podemos facer ti. Fala connosco e entenderémonos. Podes enviar a túa consulta a 

 olalla.dieguez@abellacreativa.com

O XARDÍN DOS SOÑOS

Imagotipo

UN MAL DÍA

Ilustración para libro

FEMINAZI

Logotipo do filme

AMARATÓN (AMADOR PENA)

Identidade corporativa gráfica

LUDERE

Identidade corporativa gráfica

MANAGEMENT

Xestión artística e de concertos

ARTISTAS DE ABELLA CREATIVA

A continuación presentamos o noso roster de artistas. Contamos coa representación internacional dos seguintes artistas e espectáculos: dende música rock, pasando polo pop, a canción de autor e espectáculos cómicos e de humor.

MONOULIOUS DOP

Rock desenfadado

LUCÍA PÉREZ

Pop doce e con ritmo

MARÍA DO CEO

Voz, fusión e tenrura musical

VIZCAÍNO

Ás de papel para voar

PARA OS ARTISTAS

–  Se buscas representación artística e estás interesado en que levemos a xestión das túas contratacións en salas, auditorios, teatros, cafés-concerto, festivais, espectáculos e eventos de todo tipo.

–  Se queres alguén que xestione a organización dos eventos que celebras, intermediando cos espazos, técnicos, programadores.

–  Se precisas de difusión mediática e labores de comunicación para os teus espectáculos e a túa figura como artista…

–  Se soñas con contar con sponsoring, marcas asociadas, empresas que apoien a túa labor artística ou cerrar contratacións publicitarias…

Nós somos a resposta!

PARA OS PROGRAMADORES CULTURAIS

Se estás interesado/a na contratación nalgún destes artistas para o teu evento (concerto, festival, festa privada, etc). non dubides en contactarnos: booking@abellacreativa.com

FICCIÓNATE: CICLO DE CINE

Ciclo de cinema

ANTROIDO DE MATAMÁ

Festa popular

GALA CONTRA O CANCRO

Gala en Ourense

EVENTOS

En Abella Creativa levamos durante anos traballando en múltiples eventos: congresos, feiras, festivales, galas, simposios, catas, degustacións, estreas, proxeccións, ciclos…

Como organizamos un evento

A chave do éxito está en realizar un seguimento exhaustivo e constante, establecendo un método de traballo que sirva para trazar as liñas a seguir, establecendo as tarefas e funcións principais para cada un dos membros do equipo.

Seguimos unha serie de pasos para organizar un evento:

  • Investigación e planificación de necesidades
  • Orzamento, plan de produción e cronograma
  • Contratación de servizos de proveedores e artistas
  • Plan de marketing e comunicación 
  • Organización de equipos e tarefas 
  • Avaliación e seguimento de resultados

Experiencia en formación especializada

Somos formadores profesionais con máis de cinco anos de experiencia, impartindo cursos, obradoiros e tamén conferencias sobre as nosas especialidades. Visitamos centros de negocios, empresas e eventos formativos (simposios, charlas, congresos, conferencias) así como impartimos clases en academias e centros de ensinanza.

FORMACIÓN

Compartimos aprendizaxe

Colaboramos habitualmente impartindo cursos nos seguintes centros:

ACADEMIA TESDAI
Centro profesional de formación específica
ECO
Escola de Arte

Áreas de ensinanza

Impartimos cursos e talleres especializados en determinadas áreas formativas:

BELAS ARTES

  • Iniciación á ilustración
  • Iniciación ó cómic – banda deseñada
  • Pintura: a arte do lienzo.

MARKETING

  • Curso de redes sociais
  • Curso de posicionamento web e marketing de contidos
  • Curso de marketing integral

PRODUCIÓN AUDIOVISUAL

  • Difusión e promoción audiovisual 
  • Produción de curtametraxes e obras de pequeno formato

MARKETING E PUBLICIDADE

XESTIONAMOS O MARKETING E COMUNICACIÓN INTEGRAL DA TÚA EMPRESA OU NEGOCIO!

Ofrecemos un servizo integral de comunicación e xestión do marketing de empresa a través da asociación con profesionais especializados do mundo das novas tecnoloxías, a neurociencia, o marketing avanzado e a comunicación.

Da idea inicial ó produto final

Abella Creativa busca ofrecer as mellores solucións para o teu negocio, pero todo dirixido a un público determinado (o noso target ou público obxectivo), na búsqueda duns obxectivos que nos marcamos e os cales chegaremos a través do prantexamento dunha estratexia e as tácticas e o medios de comunicación axeitados para cumprir esas metas e chegar ó mercado meta (público diana).

 Xerar atención, suscitar interese, provocar desexo e que merquen o noso produto ou servizo

Seguindo o modelo AIDA (Atención, Interese, Desexo e Acción), un clásico publicitario que nos ensina cal debe ser o proceso mental ó que se somete un potencial comprado ante un produto ou servizo e marcándonos como pauta o método POST (Público, Obxectivos, Strategy e Tecnoloxías), elaboramos un plan de marketing e comunicación inicial para os nosos clientes de xeito gratuito no cal ofertamos o plan de acción e servizos a implementar.

OS NOSOS SERVIZOS DE MARKETING E COMUNICACIÓN

MARKETING OFFLINE (MARKETING TRADICIONAL)

SERVIZO DE CENTRAL DE MEDIOS

CAMPAÑAS DE PUBLICIDADE

GOOGLE ADWORDS

XESTIÓN DE PRENSA & COMUNICACIÓN

MARKETING ONLINE

XESTIÓN DE REDES SOCIAIS

POSICIONAMENTO WEB

WEB/TENDA ONLINE