RUBÉN RIÓS


Hai uns anos, nunha pequena aldea do surleste de Galicia chamada Riós, nacía Rubén. Un rapaz que se criou nun ultramarinos e que soñaba de moi cativo con ser un titiriteiro. Anos máis tarde e tras ser protagonistas de filmes como Vilamor e Pradolongo e actuar en series de renome como Libro de familia, Matalobos ou Piratas, Rubén Riós presenta un novo espectáculo no que o público asistente coñecerá de primeira man, as andanzas desde rapaz de aldea.

Rubén Riós estrea “Memorias dun neno… perdido”. Unha retrospectiva a todas as lembranzas dun rapaz que dende Riós, viaxou por toda Galicia coñecendo as súas xentes e singularidades e tamén tivo numerosas experiencias en países de todo o mundo, puidendo coñecer as diferenzas e peculiaridades de cada zona. “Levo anos preparando este espectáculo e querendo compartir con toda a xente as andanzas que levaron a vivir tantas e tan dispares experiencias e acabar sendo un neno perdido que sempre acaba atopando o seu rumbo”, comenta Riós.