Seleccionar página
concerto monoulious dopmonoulious dop muros

Como nace Monoulious DOP?

Monoulious Dop nace en 2012 como un proxecto musical único e exclusivo para internet. A curiosidade de Mon e Ula, dous amigos de toda a vida, fai que empecen a subir videoclips que eles mismos producen para ver como funcionan as suas cancións na rede sin nin tan sequera existir como banda, a modo de experimento social, para ver se ligan máis.

Monoulious DOP Lavanda- O grupo musical

É a forza das redes sociais e o apoio da xente, a que lles incita a montar unha banda en clave de rock coa cal empezan a percorrer diversos puntos da Galiza formada por Beny Mayo- batería-, Carba- á guitarra, solista e coros-, Torroncho – ó baixo-, Mon -á guitarra e voces- e Ula – voz-.

A raíz de montar a banda Mon e Ula abren o espectro e deciden facer acústicos de formato reducido, onde, ca axuda dunha guitarra, embarcanse por salas, garitos e antros de diversa índole (que non sabemos o que significa pero que queda guay) da xeografía galega, cun show divertente e chocante.