Seleccionar página

Un mito da música

Luis Emilio Batallán é un dos grandes referentes da música de autor en Galicia. O seu disco «Ahí ven o maio» é o disco máis vendido da historia en galego, con máis de 500.000 copias vendidas.

Batallán estivo presente nos escenarios durante catro décadas de música con álbums recoñecidos como “Ballet da nena”, “Eres un fármaco” e en 2007, “Tu retrato”. Luís Emilio é coñecido polo público pola súa habilidade ao musicalizar poemas de grandes referentes da literatura galega como Rosalía de Castro (no seu novo disco incorpora o tema “Adiós ríos, adiós fontes” con Pablo Milanés), Celso Emilio Ferreiro (o tan famoso tema ”Agardarei”) ou Álvaro Cunqueiro (un dos seus grandes éxitos “Quen puidera namorala” baseado no poema “No niño no voo do vento”) entre outros. O intérprete regresa aos escenarios cun traballo máis íntimo, máis coidado e máis persoal no que introduce ritmos de jazz e blues.

70 y 29: Novos pasos, novos ritmos

En 2016, Luis Emilio Batallán lanza un novo disco coas colaboracións estelares de Joaquín Sabina, Joan Manoel Serrat e Pablo Milanés entre outros, titulado 70 y 29. Neste novo elepé, o artista arrisca con novos estilos: bachata, merengue, salsa, sen perder a súa esencia e incorporando ritmos dominicanos e brasileiros, con cancións musicadas por el e con letra de grandes poetas como Fonoyosa ou Jaime Gil de Biedma. A súa vez, o intérprete volve a compoñer os seus propios temas: 70 y 29 e Linda niña de ojos negros, son algúns dos exemplos.