Seleccionar página
Lucía Pérez en concerto

Lucía Pérez: A voz da dozura

Lucía Pérez é unha intérprete e cantante lucense, nada no municipio de O Incio que a pesar da súa xuventude, conta con máis de 15 anos de traxectoria musical. Tras cinco álbumes presentados e un novo disco en camiño, continúa percorrendo o planeta presentando as súas cancións de agora e de sempre. Lucía Pérez alcanzou a fama representando a España no festival de Eurovisión en 2011, interpretando o tema «Que me quiten lo bailao«.

Un novo espectáculo: formato íntimo e melodía harmónica

Continuando coa súa actividade artística, Lucía Pérez ofrece agora outra modalidade diferente en canto ás súas presentacións cara ao público
se refire. Trátase dun concerto totalmente acústico de aproximadamente unha hora de duración no que se presentan as cancións acompañadas por catro ou cinco músicos: piano, guitarras, batería/percusión, harmónica e outros instrumentos, deixando sempre ás voces un
protagonismo que noutro tipo de formato non teñen.
O repertorio, presenta moitas das cancións que compoñen o seu último disco “Quitapenas”, así como éxitos dos seus anteriores traballos, combinados con temas populares do folclore galego, dando forma a un concerto ameno, participativo e no que o público goza de forma próxima e directa.
A posta en escena, sinxela, íntima e acolledora contribúe a crear ese clima de comunicación entre artista e público no que se palpa a emoción e os sentimentos.
O formato de Concerto Acústico é ideal para Teatros e Casas de Cultura.