Seleccionar página

Os nosos cursos de Formación

Curso de produción e realización de curtametraxes

Este curso foi impartido durante os meses de novembro de 2016 a xaneiro de 2017, onde os rapaces do IES Terra do Xallas de Santa Comba, recibiron formación con respecto á realización dun proxecto audiovisual: desenvolvemento dunha idea, escritura dun guión, confección dun plan de produción, organización dunha rodaxe e realización dunha obra audiovisual.

A obra resultante titúlase Metamorfose no instituto.

Pontevedra Rodando: Curso de formación en realización audiovisual

Pontevedra Rodando curso formación audiovisualAs-tardes-de-Samanta- Pontevedra Rodandopontevedra rodando cursos de formación audiovisualpontevedra rodando formación audiovisual cursos cine

Este curso foi impartido durante os meses de marzo de 2017 a maio de 2017, onde todos os pontevedreses de todas as idades de xeito totalmente gratuito, recibiron formación con respecto á realización dun proxecto audiovisual: desenvolvemento dunha idea, escritura dun guión, confección dun plan de produción, organización dunha rodaxe e realización dunha obra audiovisual.

O curso foi realizado por Volvemos a Primera Producciones Audiovisuales xunto co Concello de Pontevedra e a Pontevedra Film Commission. Abella Creativa impartiu o módulo de produción.

Estas foron as obras resultantes.

Experiencia en formación especializada

Somos formadores profesionais con máis de cinco anos de experiencia, impartindo cursos, obradoiros e tamén conferencias sobre as nosas especialidades. Visitamos centros de negocios, empresas e eventos formativos (simposios, charlas, congresos, conferencias) así como impartimos clases en academias e centros de ensinanza.

Áreas de ensinanza

Impartimos cursos e talleres especializados en determinadas áreas formativas:

BELAS ARTES

  • Iniciación á ilustración
  • Iniciación ó cómic – banda deseñada
  • Pintura: a arte do lienzo.

MARKETING

  • Curso de redes sociais
  • Curso de posicionamento web e marketing de contidos
  • Curso de marketing integral

PRODUCIÓN AUDIOVISUAL

  • Difusión e promoción audiovisual
  • Produción de curtametraxes e obras de pequeno formato

Colaboramos habitualmente impartindo cursos nos seguintes centros:

ACADEMIA TESDAI

Centro profesional de formación específica

logo-tesdai-red

ECO

Escola de Arte

logo-eco-escuela