PETER BRANDON


peter brandon webserie

EN FASE DE PRODUCIÓN

FICHA TÉCNICA:

Título: Peter Brandon

Duración: 1 temporada de 8 capítulos

Productora: Porco Bravú

Xénero: Comedia

Dirección; Jorge Boquete

Guión: Jorge Boquete e Óscar Cruz

Dirección de produción: Javi Lopa

Asistente de Produción: Andrés Rozados

Director de fotografía: Dani Graña

Son: Diego Bouzón, Borja Freire

SINOPSE

O máis interesante, desde o punto de vista do guión, é responder a pregunta: Que lle dá medo a Pedro Brandariz?.
Nos seus medos está a clave desta comedia. Non pretende ser vándala, nin unha sitcom tradicional. A premisa da serie e o conflito persoal do personaxe é dramático. Trátase dunha persoa que, ós seus 40 anos non sente identificada coa súa vida. Sabe que pode facelo mellor e tamén que quizá sexa demasiado tarde.

Profundaremos nos seus medos para atopar a comedia e chegar ao tema que envolverá a serie: a soidade e o rexeitamento. O ton xogará un
gran papel para conseguir que momentos delicados da súa vida convértanse nalgo gracioso. Buscamos a incomodidade. O humor de situación
máis que un chiste. Construír a broma a través da acción e non sempre do diálogo.