ENTROIDAR: LAZA


Cartel Entroidar Laza

EN FASE DE POSTPRODUCIÓN

FICHA TÉCNICA:

Título: Entroidar: Laza

Duración: 60 minutos aprox.

Productoras: Ces Media & Abella Creativa

Xénero: Documental

Dirección e guión: Pablo Ces

Director de produción: Andrés Rozados

Imaxe e Fotografía: Victor Manuel Vigo, Iris Justo

Son: Alberto Blanco

Equipa de Produción: Soraya Vilela, Dubra Jul, Nicolás Conseil

Estamos en plena campaña de crowdfunding!

SINOPSE

Peliqueiro. O gardián do Entroido en Laza. As confusións con outras figuras como o cigarrón de Verín ou a pantalla de Xinzo son eternas. Diferencias que dotan de autenticidade e maxia todos os entroidos da provincia ourensá. Laza converteuse nese entroido auténtico, que conserva a súa esencia e espírito real, respectando o legado dos ancestros que chaman do rito pagán do entroido ou antroido: dende as lupercais da Antiga Roma, pasando pola Idade Media en Galicia con influenzas de diferentes culturas e xeografías e folclores mundiais.

Laza. Un concello con moitos lugares, moitas aldeas nas que as súas xentes sinten e viven para o Entroido. Cando rematan, o primeiro que fan é pensar no seguinte entroido. Laza. Un concello con apenas máis dun millar de censados que multiplica por 20 a súa poboación durante os cinco días de Entroido. Cinco días? Mentira, o entroido comeza xa o 1 de xaneiro, cando os chocos comezan a soar.

Peliqueiro é un percorrido pola natureza desta celebración que busca amosar a realidade dunha celebración, pescudando dende as súas orixes para poder comprender as tradicións, os ritos e o sentir dos entroideiros. O peliqueiro circula por Laza, pero tamén por Matamá, Castro ou Campobecerros, entre moitas outras parroquias do concello. O peliqueiro porta a súa zamarra, fai soar os seus chocos e imparte a súa lei a aquel ou aquela que interrompa o seu paso. Artesáns e xastras traballan en caretas feitas de amoeiro natural, con pelica animal e pintadas a man, con confeccionadas vestimentas que chegan a ter un valor superior ós 2.000 €.

Os peliqueiros son os protagonistas do entroido, sen dúbida. Pero tamén o é a bica, o xastré, a farrapada, as formigas, o reparto da cachuca, os folións, a morena e por suposto, e máis importante, quen fan que o Entroido permaneza e converse a súa esencia.

Viviremos a preparación e os días de entroido con peliqueiros, artesáns, cociñeiras, turistas, farrapeiros, os portadores da morena, os testamenteiros e os músicos. Todo ilo, narrado por homes e mulleres que coñecen o Entroido dende aqueles tempos nos que estaba prohibido.