Seleccionar página

ABELLAS

Abella Creativa é un estudio creativo audiovisual compostelán creado polo promotor e produtor Andrés Rozados e a deseñadora e artista Olalla Diéguez Boó en Santiago de Compostela no ano 2014.

ANDRÉS ROZADOS

Produción executiva

andres-rozados

Paixón pola produción

Andrés Rozados é Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo e conta cun Máster en Comercio Internacional en Contidos Audiovisuais. Dende moi novo, comezou a traballar na promoción e difusión en obras audiovisuais e na organización de eventos. A súa vez, especialízase en marketing online, redes sociais e xestión de prensa e comunicación.

Traballou en produtoras audiovisuais (Mr, Misto, Limaia Produccións, Claqueta Coqueta, Vemo.tv, Rodaxe Productora de TV, Alén Filmes, Volvemos a Primera, Adivina Producciones), axencias de comunicación (Unayta, RM Comunicación, Barcelona Virtual), departamentos de marketing de empresas (Grupo Tesal, Grupo Pereira) e medios de comunicación (Onda Cero e Faro de Vigo).

Entre as producións audiovisuais nas que desenvolveu labores de produción destacan: Vida e Máis ca vida, Fálame do silencio, Superpunky, Feminazi, Máis galego (TVG), Aquí hai praia (TVG), Unha viaxe para contar (TVG), Galicia ON (TVG), Castelao: de chumbo a verba.

Entre as súas funcións, destacan:

– Producción audiovisual

– Xestión de campañas de comunicación e marketing

      • Xestión de Redes sociais
      • Xestión de posicionamento online e xestión de contidos
      • Elaboración de plans de produción e comunicación

– Organización e xestión de eventos

– Management e xestión artística

OLALLA DIÉGUEZ

Directora artística

olalla-dieguez

Talento natural

Olalla Diéguez Boó é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. A concepción artística, o deseño e a creatividade forman parte dela dende idade moi temperá. Comezou pintando cadros na súa aldea natal e traballando na confección xunto o seu pai (artesán) das caretas de peliqueiro (figura típica do Entroido de Laza) e cigarrón (entroido en Verín).

Desenvolveu a súa carreira profesional en diversas áreas tales como a produción audiovisual e o mundo da animación na produtora Limaia Producións e como formadora docente para múltiples cursos de Belas Artes, centrados en talleres de confección, obradoiros de pintura e ilustración. Gañou numerosos premios de deseño de cartelería para diferentes eventos e dentro da súa carreira profesional destaca a dirección artística na Pastelería Doce, formadora docente en ECO Escola de Arte e deseñadora e grafista para Televisión de Galicia.

Entre as súas funcións destacan:

– Deseño gráfico e ilustración

  • Prantexamento de identidade corporativa gráfica
  • Cartelería, flyers, panfletos promocionais.

– Formación

  • Preparación de cursos, obradoiros e talleres