Seleccionar página

fondo-abellas

Abella Creativa é un estudio audiovisual compostelán creado polo promotor e produtor de eventos Andrés Rozados e a deseñadora e artista Olalla Diéguez en Santiago de Compostela no ano 2014.
Dende os seus inicios, o obxectivo de Abella Creativa era xerar ideas para desenvolver proxectos propios pero tamén, asesorar, axudar e formar parte de proxectos que lle prantexan empresas, organismos, asociacións e tamén outros estudios e produtoras que propoñen levar a cabo ideas en común.

Misión

Abella Creativa nace coa vontade de facer que as ideas de pequenos emprendedores, negocios, empresas, asociacións e colectivos se convirtan en realidade, a través do desenvolvemento de proxectos que teñan como punto de partida a creatividade, a innovación e a capacidade de ofrecer produtos e servizos que satisfagan e fagan máis felices ós seus clientes.

Por iso, Abella Creativa é un estudio creativo audiovisual que presta servizos integrais de comunicación: deseño e programación de campañas de comunicación e publicidade, investigación e estudos de mercado, desenvolvemento e creación de identidades corporativas gráficas, creación de obras e proxectos audiovisuais e xestión artística e de ocio para eventos de todo tipo.

Visión

Abella Creativa é un pequeno e modesto estudio que comeza da iniciativa dun produtor audiovisual e unha directora creativa que incorporan a cada proxecto, profesionais de diferentes ramas e eidos cos que forman equipo. Paulatinamente, a rede de profesionais e partners que participan nos proxectos de Abella Creativa é cada vez maior, polo que, nun futuro non moi lonxano, este pequeno estudo irá incorporando a novas «abellas» traballadoras que podan camiñar xuntos cara proxectos de maior envergadura.

Valores

Os valores empresariais e éticos de Abella Creativa están claramente definidos:

Honestidade: para cada cliente, o que o cliente necesita, o que o cliente quere,

Transparencia: Ser claros e directos nas relacións, definindo e explicando sen ocultar nin o máis mínimo detalle do proceso.

Puntualidade: Unha vez os prazos están establecidos, sempre e cando todas as partes implicadas cumpran o acordado, entréganse os materiais solicitados.

Exquisitez e perfeccionismo: Non estamos conformes cos primeiros resultados. Buscamos perfeccionar e cambiar ata obter o resultado óptimo e desexado. Unha boa carta de presentación do cliente é á vez unha boa carta de presentación de Abella Creativa.

Proximidade: Atendemos as necesidades dos nosos clientes e mantemos contacto directo e constante con eles para coñecer as súas necesidades e informar dos nosos avances.

Obxectivos

  • Crear imaxes corporativas acordes cos modelos de negocio dos seus clientes potenciais, cas cales se sintan identificados.
  • Organizar e promocionar eventos e producións audiovisuais que buscasen ofrecer entretemento, potenciar a cultura e fomentar o ocio cun cariz didáctico, amable e entretido.
  • Potenciar a industria creativa audiovisual co desenvolvemento de novos proxectos televisivos e cinematográficos.
  • Fomentar a creatividade en todos os ámbitos: formación, ocio, empresa.