Seleccionar página

Follas Novas acolle a presentación de La leyenda de… La espada de Orec

  • Este venres 11 de xaneiro ás 20.30h na libraría Follas Novas de Santiago de Compostela terá lugar a presentación da novela «La leyenda de… La espada de Orec» coa presenza de Ignacio Pereiro, autor desta saga.
  • Posterior á presentación, haberá exemplares dispoñibles á venda e firma de libros por parte do autor.

Tour compostelán de La leyenda de… (Parte 1) La espada de Orec

Este venres 11 de xaneiro ás 20.30h na Librería Follas Novas de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación da novela «La leyenda de… La espada de Orec» de N. Wolf. Esta é a primeira parte dunha saga de novelas fantásticas, inspiradas en grandes figuras da literatura como Michael Ende, Tolkien e Alejandro Dumas. N. Wolf achega coa súa saga un mundo e un estilo que trae un sopro de aire fresco á literatura fantástica.

A novela preséntase como un dos grandes atractivos para os lectores para este 2019, tras presentarse noutros espazos da cidade compostelá como ACEM (Asociación Contra a Esclerose Múltiple), na libraría Vos mundos de Carlota (rúa San Pedro), o Centro de Ámbito Cultural do Corte Inglés e agora chega á mítica libraría Follas Novas. Tras este tour compostelán, o autor ten previsto unha presentación proximamente na histórica Libraría Paz de Pontevedra.

Ignacio Pereiro: escritor galego novel que presenta a súa saga de fantasía

Ao seu trinta e sete anos, Ignacio Pereiro é un escritor novel galego que se enfronta ao reto de presentar a súa primeira novela. Ignacio, baixo o pseudónimo de N.Wolf, crea unha novela repleta de aventuras, fantasía, épica, ocultación e misterio, cuxo inicio comezara a forxar sendo un adolescente, que permaneceu tempo oculta nun caixón, e que finalmente desempoou para que vexa a luz tras un arduo e concienzudo traballo de varios anos. Unha historia fresca e nova, que presenta personaxes orixinais creados da imaxinación do compostelán en mundos de fantasía habitado por elfos, ananos, magos e guerreiros. Esta primeira parte é o comezo dunha saga de lenda.