Seleccionar página

A Gala Contra o Cancro volveu encher o Auditorio Municipal de Ourense, un ano máis, de solidariedade, música, humor, danza e moitísima vontade de loitar contra o cancro.

Unha nova edición que dará paso á sétima, que promete moitísimas novidades. Polo momento, anunciáronse novos artistas. O ano que vén, a violinista viguesa Patricia Moon formará parte do cartaz oficial.

Aproveitamos para agradecer á Asociación Cultural Xuvenil As Canellas e a Asociación Española contra o Cancro, contar con Abella Creativa para este evento durante tantos anos, nas labores de produción, comunicación e xestión do evento.