Seleccionar página

O pasado luns 17, no salón de Ámbito Cultural do Corte Inglés de Santiago de Compostela, tivo lugar a presentación da novela «La leyenda de… (Parte 1) La espada de Orec» do autor N.Wolf.

O autor compostelán pon así fin á serie de presentacións dun ano 2018 infestado de éxito e grandes críticas, ademais dunha inmensa felicidade, tal e como se pode apreciar nas fotos do evento.

N.Wolf volveu mergullar unha vez máis aos asistentes no seu adictivo mundo imaxinario. Un mundo fantástico creado ao detalle con moito mimo e paixón, e que se percibe en cada historia, en cada personaxe e cada localización tal e como declaran os lectores da Lenda. Polo que non é de estrañar, que algúns dos presentes se haxan volto asistentes habituais en cada presentación tras verse atrapados pola obra que o autor está a crear.

Unha vez finalizada a presentación e pechásese a quenda de preguntas, N.Wolf puido asinar exemplares da súa novela e departir con varios dos seguidores de La leyenda de

Se che quedaches coas ganas de asistir ao evento e así poder descubrir a novela, saber máis sobre esta, ou coñecer a N.Wolf, poderás resarcirche acudindo á próxima cita co autor. O cal nos convoca todos para unha nova presentación o día 11 de xaneiro (20:30h) na libraría Follas Novas de Santiago de Compostela.