Seleccionar página

Seis anos de solidariedade e loita contra o cancro

  • A Gala Contra o Cancro de Ourense celebra a súa sexta edición no Auditorio Municipal da cidade, o día do Gordo de Nadal: 22 de decembro ás 20.30h.
  • O evento vai camiño de colgar o cartaz de entradas esgotadas por cuarto ano consecutivo e de superar os 35.000 euros de recadación nas seis edicións da gala.
  • Andrea Pousa, Nando Agüeros, Habitación Vudú, Aldaolado e Escola de Danza Cuatro Pasos conforman o cartaz desta sexta edición.
  • A gala estará presentada por Rubén Riós e Paula Señarís.

Nova edición da VI Gala contra o cancro de Ourense

Nova edición da Gala contra o cancro que este ano coincide co Gran Sorteo da Lotaría de Nadal: 22 decembro. Ás 20.30h dese sábado, abriranse as portas do Auditorio Municipal. Coas últimas localidades á venda para colgar o cartaz de entradas esgotadas e acadar un novo cheo, a Presidenta da Asociación contra o cancro de Ourense, María Isidora Gómez, xunto con David Rodríguez, organizador do evento e Rubén Riós, presentador da gala e coorganizador, presentarán en conferencia de prensa as actividades da gala.

Variedade artística e ampla oferta cultural encabezada por Andrea Pousa

A VI edición da Gala contra o cancro estará marcada por unha ampla variedade musical. Destaca a presenza este ano da cantante tomiñense Andrea Pousa que xunto con Nani García interpretará cancións do seu novo álbum “Respirar”. Cunha voz poderosa e impactante, a intérprete deleitará ós espectadores co seu pianista nun concerto íntimo. Outro gran intérprete como Nando Agüeros ofrecerá tamén un adianto dos seus últimos éxitos, tras regresar dunha exitosa xira por Latinoamérica. En representación local, os limiáns de Habitación Vudú porán o toque rock e desenfadado á Gala, con ritmos frenéticos do seu último disco “Flores falsas”. Tampouco faltará o baile, coa actuación da Escola de Danza Cuatro Pasos. Como novidade nesta edición, a poesía en ton satírico e humorístico correrá a cargo de Aldaolado. O dúo conformado por Lucía Aldao e María Lado promete sinceridade, presenza e moitas, moitas risas. Todo cos mestres de cerimonias Rubén Riós e Paula Señarís.

As entradas para a gala xa están disponibles á venda anticipada nas oficinas da Asociación Española contra o Cancro de Ourense, sita na rúa Curros Enriquez, 26. cun custe de 5 € anticipada e de 8 € na billeteira. Este evento está organizado pola Asociación Xuvenil Cultural As Canellas e coa produción de Claqueta Coqueta, a favor da Asociación Española contra o Cancro.

CARTEL-VI-Gala-Contra-O-Cancro-Ourense