Seleccionar página
  • Este luns 17 de decembro ás 20.30h no Centro Ámbito Cultural do Corte Inglés de Santiago de Compostela terá lugar a presentación da novela «La leyenda de… (Parte 1) La espada de Orec»
  • Posterior á presentación, haberá exemplares dispoñibles á venda e firma de libros por parte do autor.

Este luns 17 de decembro ás 20.30h no Centro de Ámbito Cultural do Corte Inglés de Santiago de Compostela (planta baixa), terá lugar a presentación da novela «La leyenda de… (Parte 1) La espada de Orec» de N. Wolf. Esta é a primeira parte dunha saga de novelas fantásticas, inspiradas en grandes figuras da literatura como Michael Ende, Tolkien e Alejandro Dumas.

A novela preséntase como un dos grandes atractivos para os lectores durante este Nadal, tras presentarse noutros espazos da cidade compostelá como ACEM (Asociación Contra a Esclerose Múltiple) e na libraría Os mundos de Carlota (rúa San Pedro), o autor presenta a novela no centro comercial El Corte Inglés.

Aínda que desde pequeno gozaba recreando mundos imaxinarios, que mesmo chegaba a plasmar nun papel nalgúns casos, Ignacio Pereiro, ao seu trinta e sete anos é un escritor novel galego que se enfronta ao reto de presentar a súa primeira novela. Ignacio, baixo o pseudónimo de N.Wolf, crea unha novela repleta de aventuras, fantasía, épica, ocultación e misterio, cuxo inicio comezara a forxar sendo un adolescente, que permaneceu tempo oculta nun caixón, e que finalmente desempoou para que vexa a luz tras un arduo e concienzudo traballo de varios anos. Unha historia fresca e nova, que presenta personaxes orixinais creados da imaxinación do compostelán en mundos de fantasía habitado por elfos, ananos, magos e guerreiros. Esta primeira parte é o comezo dunha saga de lenda.