VI Gala contra o Cancro de Ourense

A VI Gala contra o cancro de Ourense xa ten as entradas á venda


O Gordo de Nadal cae en Ourense coa VI Gala contra o cancro

  • A Gala Contra o Cancro de Ourense celebra a súa sexta edición no Auditorio Municipal da cidade, o día do Gordo de Nadal: 22 de decembro ás 20.30h.
  • O evento xa recadou preto de 30.000 € sumando as cinco citas anteriores e espera encher de novo de solidariedade, o Auditorio da cidade auriense.
  • Como novidade este ano, a Organización anunciou a venda de entradas antes de anunciar o cartaz desta edición, entradas xa disponibles na Asociación Española contra el Cáncer.

Seis anos de solidariedade

A Gala contra o Cancro de Ourense volve este ano para celebrar a súa sexta edición. Tras cinco anos enchendo o auditorio municipal, esta cita solidaria reuniu a referentes do mundo da música, a danza, o humor e a interpretación. Despois de recibir a artistas como Susana Seivane, Lucía Pérez, Emilio Rúa, Daniel Minimalia, Luis Emilio Batallán, Rosa Cedrón, Guadi Galego, Xosé Manuel Budiño, Lys Pardo, Monoulious DOP, Xabier Vizcaíno, Xestreu e O Sonoro Maxín entre moitos outros, este ano, a celebración terá lugar o sábado 22 de decembro no Auditorio da cidade.

As entradas da VI Gala contra o Cancro de Ourense xa están á venda

Este ano, a Organización decidiu poñer á venda as entradas antes de anunciar o cartaz cos artistas e grupos presentes nesta edición. En palabras do organizador, David Rodríguez (presidente da Asociación Cultural Xuvenil As Canellas): “pensamos que o obxectivo do evento, a traxectoria destes cinco anos e sobre todo, a solidariedade da cidade, fan que a importancia da meta sexa maior que os artistas que traiamos ó Auditorio”.

As entradas para a gala xa están disponibles á venda anticipada nas oficinas da Asociación Española contra o Cancro de Ourense, sita na rúa Curros Enriquez, 26. Nos vindeiros días, a Organización anunciará novos puntos de venda.

As entradas terán o custe de 5 € anticipada e de 8 € na billeteira. Este evento está organizado pola Asociación Xuvenil Cultural As Canellas e coa produción de Claqueta Coqueta e Abella Creativa a favor da Asociación Española contra o Cancro.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *